Tuesday 21 de May de 2024

Máis de medio cento de vehículos participarán na VI Concentración Tunning Riveira esta fin de semana


Conta con fins solidarios en beneficio de Callejeros Barbanza

A Concentración Tunning Riveira vai a máis e nesta sexta edición está a prevista a participación de máis de medio cento de vehículos ao longo dos días 3 e 4 de setembro (en 20015 foran 43).

A concelleira de Cultura Fabiola García e a presidenta da Asociación GDC Tunning Club de Riveira, Luz María Silva Lustres, encargáronse de revelar os detalles dunha actividade que ten por segundo ano consecutivo carácter solidario ao axudar á asociación Callejeros Barbanza de protección de animais.

A este respecto, tanto a cota de inscrición como os cartos recadados da venda de rifas para o sorteo de artigos relacionados co tunning, ademais dunha subasta ou a venda de tapóns de botellas, serán destinados a esta asociación.

Haberá participantes de Asturias, Cantabria, Castela e León, Madrid ou mesmo de Portugal, ademais de todas as provincias galegas.

Entre o programa de actividades, Luz María Silva destacou o carrusel que ás 23 horas do sábado 3 circulará polo centro de Riveira: un espectáculo digno de ver.

Outras accións a destacar e que se celebrarán en Coroso onde a explanada da UAD son as probas de medición de son e de iluminación (sábado ás 17 e ás 22.30 horas, respectivamente) ou a animación musical con actuación de Javi Maneiro ao regreso do carrusel.

A entrega de premios está prevista para o domingo a partir das 17 horas.